1. Estar en posesión dun título universitario dentro do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
  2. Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
  3. Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao.
  4. Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
  5. Ser profesionais de recoñecida e acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso
    á universidade segundo a normativa vixente.